galego español english

SANTA COMPAÑA

NOVAS

05/05/2015
Xa na rúa El Emi con Canti. Podédelo escoitar aquí.

Tamén o tedes na sección descargas, ou a través da seguinte imaxe:

Esperamos que vos guste.

24/05/2014
Desde Bendollo (Quiroga, Lugo), hoxe ve a luz o primeiro traballo do noso irmán, gran amigo e compañeiro de troula, Canti. O título do mesmo é "Paso a lo desconocido".

Neste traballo, colabora Pablo (a.k.a. Pablo, por Santa Compaña) nos temas 1 (no scratch), 4 e 10; e podédelos escoitar no reproductor desta web.

O apartado de deseño (carátulas e etiqueta do CD) do proxecto corre tamén por conta de Pablo.

O traballo completo podédelo escoitar a través do perfil de Canti en SoundCloud e podédelo descargar gratuitamente desde esta mesma web, no apartado descargas ou facendo clic na seguinte imaxen:

¡Esperamos que vos guste!

13/02/14
Pese ás dificultades para xuntarnos en directo, con motivo do aniversario do Pub Taj Mahal de Quiroga daremos un concerto alí o sábado 15 de febreiro.

O comezo da noite terá lugar ás 00:30 (madrugada do 16) e a entrada é gratuita. Pero non remata ahí a festa, só por vir terás dereito a un chupito gratis.

Ademáis, a media noite realizarase un bingo especial aniversario, con incribles premios (máis detalles en Pub Taj Mahal).

¡¡Non faltes!!

14/01/14
Novo tema solto de Emi titulado "Porque me apetece". O tema podédelo escoitar no reproductor desta web, así como a través da nosa conta en soundcloud. En breves tamén o teredes dispoñible para a súa descarga na sección descargas desta web.

02/09/13
Colaboración de Emi na mixtape "Neptune's Poetry" de Jk1. O título do tema é "El bando ganador" e podédelo descargar desde a sección descargas desta web e escoitalo aquí.

10/05/12
Nova maqueta de Emi, baixo o a.k.a. El Emi. O título do traballo é "Evolución" e foi gravado en Málaga, no estudio Sala 8, durante os meses abril e maio deste ano. O traballo consta de 8 temas, contando coa colaboración de Pablo no tema 7. Tédelo dispoñible na sección descargas desta web.

20/01/12
Tralo inesperado peche do servizo Megaupload, os enlaces das nosas maquetas quedáronse inhabilitados. Actualmente xa están realoxadas de novo e a páxina funciona con normalidade. Un saúdo a todo o que teña interese e desculpade as molestias.

10/05/11
Entrevista por Jose Montero a Santa Compaña na web galiciaflow.net. Dentro da sección "Entrevistas", entre as do ano 2011.

08/03/11
Nova maqueta de El Cos y Marcos-F "Negocios en vicios recios". Nela colabora Pablo (Santa Compaña) en dous temas. Podes descargar a maqueta completa desde la sección descargas.

AXENDA

(Non hay concertos próximos)