galego español english

SANTA COMPAÑA

BIOGRAFÍA

Santa Compaña somos un grupo de música rap procedente da comarca de Quiroga, ao sur da provincia de Lugo (Galicia), en concreto, dos pobos Quiroga e Bendollo.

O grupo formámolo Emi (a.k.a. El Emi, a.k.a. Codea) e Pablo (a.k.a. Pablo); e levamos xuntos dende o ano 2005.

En 2007 realizamos a nosa primeira maqueta, titulada "ke pase lo ke pase" e, en 2010, a segunda: "Síntesis". Paralelamente, en 2012, Emi publicou un traballo en solitario baixo o a.k.a. El Emi, titulado "Evolución".

Actualmente, por motivos persoais e laborais, traballamos a distancia a maior parte do tempo, o cal dificulta a execución de concertos en conxunto e o ritmo de elaboración de novos proxectos. Sen embargo, mantémosnos en constante actividade y nunca paramos de preparar novo material e novos eventos.

Sen máis, recorda que podes descargarte todos os nosos traballos, ademais dos traballos nos que participamos, desde a sección descargas desta web. Estate atento, porque os contidos actualízanse cuando menos o esperas.

Un saúdo e grazas polo teu interese.